Calefacción

Home > Fogar

Consellos prácticos para aforrar enerxía e diñeiro

  1. Unha temperatura de 19ºC é abondo para manter o confort dunha vivenda.
  2. Apaga a calefacción mentres dormes e, pola mañá, agarda a ventilar a casa e pechar as fiestras antes de acendela.
  3. Coloca válvulas termostáticas en radiadores ou termóstatos programables; son solucións accesibles e sinxelas de usar, e aforrarás entre un 8 e un 13% de enerxía.
  4. Se te ausentas por unhas horas, reduce o termóstato a 15ºC (chamada posición “Economía” en moitos deles).
  5. Non agardes a que se estrague o teu equipo: o mantemento adecuado da caldeira individual fará que aforres enerxía.
  6. Purga os teus radiadores polo menos unha vez ao ano, ao iniciar a temporada de calefacción.
  7. Non cubras os radiadores nin poñas ningún obxecto obstaculizándoo, porque dificultarás a adecuada difusión do aire quente.
  8. Para ventilar unha habitación é suficiente con abrir as fiestras arredor de 10 minutos. Non se precisa máis tempo para renovar o aire.
  9. Pecha as persianas e cortinas pola noite. Evitarás importantes perdas de calor.

Sabías que…

flecha derecha Os servizos de calefacción supoñen o 40% dos consumos enerxéticos dos fogares.

flecha derecha Máis do 35% dos equipos de calefacción existentes nas vivendas principais son bombas de calor.

flecha derecha Unha variación de 1º C xera un aforro aproximado dun 7 % en climatización. Mediante o uso de aparatos como termóstatos ou programadores horarios podemos facer un uso e control máis efectivo da temperatura e da enerxía que consumimos.

Coñece máis sobre o aforro de enerxía aquí

Imagen de un radiador eficiente representativa del ahorro energético

Consellos prácticos para o illamento da vivenda

  1. Se vas construír ou rehabilitar unha casa, non escatimes nos cerramentos exteriores (fiestras e balcóns). Aforrarás diñeiro en climatización e gañarás en confort.
  2. Instala fiestras con dobre cristal, ou dobre fiestra, e carpinterías con rotura de ponte térmica.
  3. Procura que as caixas das persianas non teñan físgoas e estean convenientemente illadas.
  4. Detecta as correntes de aire; suxeita unha candea acesa xunto a fiestras, portas ou onde creas que se producen infiltracións de aire.
  5. Se se filtra aire por portas e fiestras, tapa as físgoas con medios sinxelos e baratos como silicona, masilla ou un burlete.
  6. Se tes cheminea, pecha o tiro cando non a utilices.

Auga quente sanitaria

Consellos prácticos para o uso da auga quente sanitaria

  1. Os sistemas con acumulación de auga quente son máis eficaces que os sistemas de produción instantánea e sen acumulación.
  2. É moi importante que os depósitos acumuladores e as tubaxes de distribución de auga quente estean ben illados.
  3. Racionaliza o consumo de auga: Non deixes as billas abertas inutilmente (no afeitado, ou mentres cepillas os dentes).
  4. Ten en conta que unha ducha consume moito menos ca un baño (unhas catro veces menos auga e enerxía).
  5. Unha temperatura entre 30 ºC e 35 ºC é suficiente para sentirse cómodo no aseo persoal.
  6. Os goteos e fugas de billas ou cisternas poden supoñer unha perda de 100 litros de auga por mes. Evítaos!
  7. Emprega cabezais de ducha de baixo consumo. Gozarás dun aseo cómodo, gastando a metade de auga e, polo tanto, de enerxía.
  8. Coloca redutores de caudal (tamén chamados aireadores) nas billas.
  9. Se cambias a ducha, elixe unha con billas reguladoras de temperatura. Aforrarás entre un 4 e un 6% de enerxía.
  10. Se cambias algunha billa, elixe unha monomando; é moito máis eficiente que ter dúas billas independentes para a auga fría e quente.

Sabías que…

flecha derecha As instalacións solares térmicas son fiables, teñen unha longa vida útil (25 anos) e aforran moita enerxía, xa que reducen o consumo doutros combustibles (gasóleo, gas natural, electricidade) durante a maior parte do ano.

flecha derecha O Código Técnico da Edificación (CTE) obriga a instalar en todas as vivendas novas captadores solares térmicos para a xeración de auga quente sanitaria, co que se aproveita a enerxía ilimitada e gratuíta do sol.

flecha derecha Se a túa vivenda é máis antiga, tamén podes pensar en instalar paneis solares ou propoñerllo á túa comunidade de veciños e aproveitar as numerosas axudas existentes.

Iluminación

Sabías...

alt=""

flecha derecha É un falso mito pensar que deixar as luces acesas consume menos enerxía que acender e apagar o interruptor cada vez que se usan. En ningún caso e con ningún tipo de luz.

flecha derecha Un bo sistema de iluminación é aquel que proporciona suficiente luz no lugar correcto e en función do uso que se dea a cada espazo. Para evitar o dispendio, a iluminación debe ser enerxeticamente eficiente. Substituír as lámpadas por outras de tecnoloxía máis eficiente pode supoñer uns aforros superiores ao 80 %, mantendo o confort lumínico.

flecha derecha O 75% das vivendas principais dispoñen dalgún tipo de iluminación led e o 44% dalgún tipo de lámpada de baixo consumo, aínda que un 22% das vivendas dispón aínda dalgún tipo de lámpada incandescente.

Consellos prácticos para o uso correcto da iluminación

  1. Sempre que sexa posible, aproveita a iluminación natural. Ningunha outra luz branca é tan pouco daniña para a vista.
  2. Utiliza cores claras en paredes e teitos: aproveitarás mellor a luz natural e necesitarás menos alumeado eléctrico.
  3. Non deixes luces acesas en habitacións que non esteas utilizando.
  4. Reduce ao mínimo a iluminación ornamental en exteriores.
  5. Mantén limpas as lámpadas e as pantallas, aumentarás a súa luminosidade, sen aumentar a potencia.
  6. Substitúe as lámpadas vellas por novas tipo LED. Co mesmo nivel de iluminación, aforran ata un 80 % de enerxía e duran 8 veces máis. Cambia, con prioridade, as que máis tempo están acesas.
  7. Adapta a iluminación ás túas necesidades e dá preferencia á luz focalizada: ademais de aforrar, conseguirás ambientes máis confortables.
  8. Se podes, coloca reguladores de intensidade luminosa: aforrarás enerxía.
  9. En vestíbulos, garaxes ou zonas comúns, é interesante colocar detectores de presenza para que as luces se acendan e apaguen automaticamente.

Electrodomésticos

Consellos prácticos para optimizar o funcionamento dos teus electrodomésticos

  1. Usa a lavadora, o lavavajillas e a secadora á súa máxima capacidade: ponos só cando estean cheos e, preferiblemente, nos programas económicos.
  2. Lava a roupa a baixa temperatura: o 90 % da electricidade que consume a lavadora é para quentar a auga.
  3. Centrifugar consume moito menos que utilizar a secadora.
  4. Evita aclarar os pratos antes de poñelos no lavavajillas, ou faino con auga fría. Reducirás o consumo de enerxía e de auga.
  5. Ao cociñar, xestiona con eficiencia os recursos. Por orde de menor a maior gasto: microondas, pota a presión, cociña e en último lugar, o forno eléctrico.
  6. Non uses o forno para cociñar pequenas cantidades de alimentos, nin para requentar ou desconxelar. É un dos electrodomésticos que máis consume.
  7. Aproveita a calor residual: se apagas a placa 5 minutos antes de retirar o recipiente, rematará de cociñarse coa calor que segue desprendendo.
  8. As placas de indución consumen menos electricidade que as vitrocerámicas convencionais.
  9. Evita o consumo pantasma provocado polo modo stand-by en televisores, ordenadores, consolas, equipos de música, etc. Enchúfaos a unha regreta con interruptor e apágaos cando non os uses.
  10. Cando adquiras un electrodoméstico novo, elixe a mellor clase de eficiencia!

Sabías que…

flecha derecha Ademais de información relativa ao consumo, a etiqueta enerxética inclúe outros datos relevantes do equipo a ter en conta. Por exemplo, a etiqueta enerxética dunha lavadora inclúe ademais do consumo anual (kWh), o consumo anual de auga, os quilogramos de roupa que pode lavar, a eficiencia do centrifugado e o seu nivel sonoro.

flecha derecha Ao igual que ocorre coa iluminación, no mercado existen electrodomésticos que a igualdade de prestacións poden presentar oscilacións no consumo enerxético superiores ao 80%. Estas diferenzas de consumo, ao longo da súa vida útil, supoñen un custe tan alto como innecesario

Para que os consumidores coñezan a eficiencia dos produtos, a Unión Europea creou en 2021 unha unha nova normativa específica e única sobre Etiquetado Enerxético.

Nela desapareceron as clases A+, A++ e A+++, que xeraban certa confusión, e identifícanse unicamente cunha letra, desde o A para os máis eficientes ata o G para os que máis consumen.

Antes de adquirir un electrodoméstico, é fundamental comprobar detalladamente toda a información da súa etiqueta enerxética e comparala con outros aparatos similares, para saber cal é a compra máis eficiente.