Home > Autoconsumo

O autoconsumo permite aos cidadáns xerar e consumir a súa propia electricidade renovable, xerada mediante a instalación de paneis solares fotovoltaicos no seu fogar, local ou comunidade de veciños.

Parte do consumo eléctrico da vivenda ou comunidade cóbrese coa enerxía xerada pola instalación de autoconsumo, o que supón un aforro directo na factura eléctrica, menor dependencia dos cambios de prezos da electricidade e un menor consumo de enerxía fósil, o que contribúe a reducir as emisións contaminantes á atmosfera.

A instalación de autoconsumo conéctase á rede eléctrica, de maneira que cando está xerando enerxía (polo día) consúmese directamente. Se non se consume toda a enerxía xerada, a enerxía sobrante (excedente) pode almacenarse en baterías se a instalación conta con elas, ou verterse á rede, recibindo por ela un importe económico en compensación, ben en forma dun desconto na factura eléctrica ou ben como unha venda de enerxía no mercado.

Que é o autoconsumo?

flecha derecha O autoconsumo, aplicado á enerxía e máis concretamente á fotovoltaica, é a captación da enerxía do sol, ilimitada e gratuíta, mediante paneis solares colocados no noso tellado, azotea ou xardín, para convertela en electricidade e facer uso dela de forma individual ou colectiva.

Aposta polo autoconsumo

Sabías que…

flecha derecha España, con arredor de 300 días de sol anuais, é un dos países máis privilexiados de Europa por dispoñer dun excelente recurso renovable, ilimitado e gratuíto: a enerxía solar. Esta enerxía pode ser convertida en electricidade para consumo propio.

Por que apostar polo autoconsumo?

  1. O cidadán participa activamente na transición enerxética ao xerar a súa propia electricidade.
  2. É unha enerxía 100% renovable, ilimitada e gratuíta.
  3. Evita o uso de fontes de enerxía contaminantes e a emisión de gases de efecto invernadoiro, contribuíndo a mellorar a calidade do aire.
  4. Reduce a factura da electricidade de forma considerable.
  5. Beneficia á economía, xa que implica a creación de emprego directo, cualificado e local, e contribúe a fortalecer a competitividade das empresas.
  6. Reduce a dependencia enerxética das compañías eléctricas e os cambios nas tarifas.
  7. As tecnoloxías renovables abaratáronse moito. A fotovoltaica, en especial, reduciu os seus custes nos últimos anos e continúa a súa tendencia decrecente, o que permite unha amortización máis rápida das instalacións.
  8. Instalación sinxela e modular: non require grandes investimentos nin obras.
  9. Require pouco mantemento.
  10. Xera emprego cualificado e riqueza para o país. Agora mesmo hai unha enorme demanda de profesionais cualificados para levar a cabo as instalacións de autoconsumo en toda España.

Aquí podes ver
un vídeo divulgativo sobre o autoconsumo.

Se desexas máis información podes descargarte unha completa guía práctica para convertirte en autoconsumidor en
https://www.idae.es/tecnologias/energias-renovables/oficina-de-autoconsumo/guias-tecnicas-sobre-autoconsumo