Fogar
Consellos prácticos para aforrar enerxía e diñeiro
- Unha temperatura de 19ºC é abondo para manter o confort dunha vivenda.
- Apaga a calefacción mentres dormes e, pola mañá, agarda a ventilar a casa e pechar as fiestras antes de acendela.
- Coloca válvulas termostáticas en radiadores ou termóstatos programables; son solucións accesibles e sinxelas de usar, e aforrarás entre un 8 e un 13% de enerxía.
- Se te ausentas por unhas horas, reduce o termóstato a 15ºC (chamada posición “Economía” en moitos deles).
- Non agardes a que se estrague o teu equipo: o mantemento adecuado da caldeira individual fará que aforres enerxía.
- Purga os teus radiadores polo menos unha vez ao ano, ao iniciar a temporada de calefacción.
- Non cubras os radiadores nin poñas ningún obxecto obstaculizándoo, porque dificultarás a adecuada difusión do aire quente.
- Para ventilar unha habitación é suficiente con abrir as fiestras arredor de 10 minutos. Non se precisa máis tempo para renovar o aire.
- Pecha as persianas e cortinas pola noite. Evitarás importantes perdas de calor.
Sabías que…
Os servizos de calefacción supoñen o 40% dos consumos enerxéticos dos fogares.
Máis do 35% dos equipos de calefacción existentes nas vivendas principais son bombas de calor.
Unha variación de 1º C xera un aforro aproximado dun 7 % en climatización. Mediante o uso de aparatos como termóstatos ou programadores horarios podemos facer un uso e control máis efectivo da temperatura e da enerxía que consumimos.

Consellos prácticos para o illamento da vivenda
- Se vas construír ou rehabilitar unha casa, non escatimes nos cerramentos exteriores (fiestras e balcóns). Aforrarás diñeiro en climatización e gañarás en confort.
- Instala fiestras con dobre cristal, ou dobre fiestra, e carpinterías con rotura de ponte térmica.
- Procura que as caixas das persianas non teñan físgoas e estean convenientemente illadas.
- Detecta as correntes de aire; suxeita unha candea acesa xunto a fiestras, portas ou onde creas que se producen infiltracións de aire.
- Se se filtra aire por portas e fiestras, tapa as físgoas con medios sinxelos e baratos como silicona, masilla ou un burlete.
- Se tes cheminea, pecha o tiro cando non a utilices.

Auga quente sanitaria
Consellos prácticos para o uso da auga quente sanitaria
- Os sistemas con acumulación de auga quente son máis eficaces que os sistemas de produción instantánea e sen acumulación.
- É moi importante que os depósitos acumuladores e as tubaxes de distribución de auga quente estean ben illados.
- Racionaliza o consumo de auga: Non deixes as billas abertas inutilmente (no afeitado, ou mentres cepillas os dentes).
- Ten en conta que unha ducha consume moito menos ca un baño (unhas catro veces menos auga e enerxía).
- Unha temperatura entre 30 ºC e 35 ºC é suficiente para sentirse cómodo no aseo persoal.
- Os goteos e fugas de billas ou cisternas poden supoñer unha perda de 100 litros de auga por mes. Evítaos!
- Emprega cabezais de ducha de baixo consumo. Gozarás dun aseo cómodo, gastando a metade de auga e, polo tanto, de enerxía.
- Coloca redutores de caudal (tamén chamados aireadores) nas billas.
- Se cambias a ducha, elixe unha con billas reguladoras de temperatura. Aforrarás entre un 4 e un 6% de enerxía.
- Se cambias algunha billa, elixe unha monomando; é moito máis eficiente que ter dúas billas independentes para a auga fría e quente.
Sabías que…
As instalacións solares térmicas son fiables, teñen unha longa vida útil (25 anos) e aforran moita enerxía, xa que reducen o consumo doutros combustibles (gasóleo, gas natural, electricidade) durante a maior parte do ano.
O Código Técnico da Edificación (CTE) obriga a instalar en todas as vivendas novas captadores solares térmicos para a xeración de auga quente sanitaria, co que se aproveita a enerxía ilimitada e gratuíta do sol.
Se a túa vivenda é máis antiga, tamén podes pensar en instalar paneis solares ou propoñerllo á túa comunidade de veciños e aproveitar as numerosas axudas existentes.

Iluminación
Sabías...
É un falso mito pensar que deixar as luces acesas consume menos enerxía que acender e apagar o interruptor cada vez que se usan. En ningún caso e con ningún tipo de luz.
Un bo sistema de iluminación é aquel que proporciona suficiente luz no lugar correcto e en función do uso que se dea a cada espazo. Para evitar o dispendio, a iluminación debe ser enerxeticamente eficiente. Substituír as lámpadas por outras de tecnoloxía máis eficiente pode supoñer uns aforros superiores ao 80 %, mantendo o confort lumínico.
O 75% das vivendas principais dispoñen dalgún tipo de iluminación led e o 44% dalgún tipo de lámpada de baixo consumo, aínda que un 22% das vivendas dispón aínda dalgún tipo de lámpada incandescente.
Consellos prácticos para o uso correcto da iluminación
- Sempre que sexa posible, aproveita a iluminación natural. Ningunha outra luz branca é tan pouco daniña para a vista.
- Utiliza cores claras en paredes e teitos: aproveitarás mellor a luz natural e necesitarás menos alumeado eléctrico.
- Non deixes luces acesas en habitacións que non esteas utilizando.
- Reduce ao mínimo a iluminación ornamental en exteriores.
- Mantén limpas as lámpadas e as pantallas, aumentarás a súa luminosidade, sen aumentar a potencia.
- Substitúe as lámpadas vellas por novas tipo LED. Co mesmo nivel de iluminación, aforran ata un 80 % de enerxía e duran 8 veces máis. Cambia, con prioridade, as que máis tempo están acesas.
- Adapta a iluminación ás túas necesidades e dá preferencia á luz focalizada: ademais de aforrar, conseguirás ambientes máis confortables.
- Se podes, coloca reguladores de intensidade luminosa: aforrarás enerxía.
- En vestíbulos, garaxes ou zonas comúns, é interesante colocar detectores de presenza para que as luces se acendan e apaguen automaticamente.

Electrodomésticos
Consellos prácticos para optimizar o funcionamento dos teus electrodomésticos
- Usa a lavadora, o lavavajillas e a secadora á súa máxima capacidade: ponos só cando estean cheos e, preferiblemente, nos programas económicos.
- Lava a roupa a baixa temperatura: o 90 % da electricidade que consume a lavadora é para quentar a auga.
- Centrifugar consume moito menos que utilizar a secadora.
- Evita aclarar os pratos antes de poñelos no lavavajillas, ou faino con auga fría. Reducirás o consumo de enerxía e de auga.
- Ao cociñar, xestiona con eficiencia os recursos. Por orde de menor a maior gasto: microondas, pota a presión, cociña e en último lugar, o forno eléctrico.
- Non uses o forno para cociñar pequenas cantidades de alimentos, nin para requentar ou desconxelar. É un dos electrodomésticos que máis consume.
- Aproveita a calor residual: se apagas a placa 5 minutos antes de retirar o recipiente, rematará de cociñarse coa calor que segue desprendendo.
- As placas de indución consumen menos electricidade que as vitrocerámicas convencionais.
- Evita o consumo pantasma provocado polo modo stand-by en televisores, ordenadores, consolas, equipos de música, etc. Enchúfaos a unha regreta con interruptor e apágaos cando non os uses.
- Cando adquiras un electrodoméstico novo, elixe a mellor clase de eficiencia!
Sabías que…
Ademais de información relativa ao consumo, a etiqueta enerxética inclúe outros datos relevantes do equipo a ter en conta. Por exemplo, a etiqueta enerxética dunha lavadora inclúe ademais do consumo anual (kWh), o consumo anual de auga, os quilogramos de roupa que pode lavar, a eficiencia do centrifugado e o seu nivel sonoro.
Ao igual que ocorre coa iluminación, no mercado existen electrodomésticos que a igualdade de prestacións poden presentar oscilacións no consumo enerxético superiores ao 80%. Estas diferenzas de consumo, ao longo da súa vida útil, supoñen un custe tan alto como innecesario
Nela desapareceron as clases A+, A++ e A+++, que xeraban certa confusión, e identifícanse unicamente cunha letra, desde o A para os máis eficientes ata o G para os que máis consumen.
Antes de adquirir un electrodoméstico, é fundamental comprobar detalladamente toda a información da súa etiqueta enerxética e comparala con outros aparatos similares, para saber cal é a compra máis eficiente.