Algo está cambiando
Algo está cambiando na nosa sociedade. Os cidadáns queremos ser protagonistas da transición enerxética en España. No fogar, nas nosas comunidades, nos nosos centros de traballo e nos espazos públicos comezamos a implicarnos activamente nun uso máis responsable da enerxía.
Agora apostamos por fórmulas alternativas iimpensables fai anos, como producir electricidade na nosa propia vivenda a partir da enerxía do sol. España ocupa unha posición privilexiada xa que dispón do mellor recurso renovable, o sol, fonte gratuíta e inesgotable de enerxía.
Agora somos máis eficientes. Apostamos pola rehabilitación enerxética das nosas vivendas e implicámonos en reducir o consumo de enerxía. Na actualidade o noso parque de edificios consume o 30% da enerxía.
Agora consumimos menos en casa e no traballo, pero tamén nos nosos desprazamentos. Con transportes máis sostibles e vehículos propulsados por enerxías limpas, nunhas cidades e vilas que se transforman e adaptan a esta nova realidade.
E todos gañamos con este cambio, tamén o país. A autonomía estratéxica e a soberanía enerxética froito desa transición serán cruciais para España nas próximas décadas.
Como organismo público, en IDAE traballamos para promover a eficiencia enerxética e as enerxías renovables entre a cidadanía, as empresas e as administracións.
Si, demos un salto de xigante.

Si, algo está cambiando.